Existe na rede unha gran cantidade de recursos vinculados a ORIENTACIÓN E INSERCIÓN LABORAL baixo unha multitude de formatos [vÃdeo, imaxe, texto, web, etc.], a localización e selección dos máis significativos e interesantes dende unha perspectiva profesional, as veces supón un gran esforzo e moito tempo. Para cubrir esta necesidade xorde o centro de recursos ORIENTACIÓN GALICIA.
Este proxecto ten como finalidade a recompilación, filtraxe, clasificación e "curación" de información, recursos, ferramentas, aplicacións etc. vinculados ás principais temáticas de interese para os/as Orientadores/as Laborais en Galicia.
Este é un espazo colaborativo, que crece co traballo conxunto de todos os que utilizan a rede profesionalmente no eido da Orientación laboral, xa que unha vez realizadas as procuras, contexualizadas, etiquetadas e comentadas, ponse a disposición de todo o colectivo nas diferentes plataformas seleccionadas:
-
Unha canle en Youtube con diferentes listas de reproducción temáticas
-
Un usuario twitter: @orientaciong
-
Un grupo en Facebook
-
Murais de imaxes e infografias en Pinterest
-
Un grupo aberto no marcador social Diigo
-
Mapas conceptuais feitos con Mindomo
-
Páxinas en Keeebe
-
Wikis e web monográficas sobre temas de Orientación e Inserción
-
Un grupo de discursión en Lindkedin
O Noso proxecto
